Descripción
Sobre a Asociación Montes de Pontevedra e o acordo de custodia:
A Comunidade de Montes de Salgueiral (Bora, Pontevedra) leva dende o año 2006 loitando coa invasión de especies alóctonas invasoras que sofre o seu monte orixinarias das parcelas limítrofes. ‘Acacia melanoxylon’ e ‘Eucalyptus globulus’ proliferaron indiscriminadamente no monte ata que os incendios forestais do 2006 fixeron que a Comunidade tomase conciencia do problema e comenzase coa restauración ambiental do monte.
Paralelamente leváronse a cabo accions de puesta en valor e recuperación do patrimonio natural e cultural mediante a construcción dunha ruta de sendeirismo polo Río Almofrei que empregan tanto sendeiristas coma ciclistas nun espacio de alto valor ambiental a marxe do río Almofrei.
O ano pasado a Comunidade de Montes do Salgueiral firmou un acordo de custodia coa Mancomunidade de Montes de Pontevedra para a realización de actividades de control de invasoras ás que se lle quere dar continuidade mediante accións de voluntariado como as que agora se propoñen.
A Mancomunidade de Montes como entidade de custodia traballa en colaboración con diferentes organismos públicos e privados como o Concello de Pontevedra e o Instituto de Ensinanza Secundaria Valle Inclán.
Tamén, hai pouco, organizou reunións informativas sobre o uso público do monte en colaboración con asociacións ciclistas que disfrutan dos montes veciñais de Pontevedra.
¡Acercámonos o río Almofrei para eliminar invasoras!
¿O obxectivo?
¡Avanzar na recuperación dos nosos montes!
Número máximo de participantes: 30 persoas.
Horario: de 10:00h a 14:00h.
Punto de encontro: Diante da Policía Local de Pontevedra. Pazo da Cultura, Rúa de Alexandre Bóveda (ver ubicación máis abaixo).
Observacións:
Descripción da actuación:
Organización do itinerario en bici dende o centro urbán de Pontevedra ata o monte veciñal.
Itinerario guiado polo espazo natural dos sete camiños para descubrilos valores do monte.
Realizaranse percorridos botánicos polo sendeiro con diferentes grupos e horarios para realizar tanto explicacións da flora do río coma a recollida de vertidos ó longo do mismo, con especial interese na recollida de plásticos e a retirada de especies invasoras.
Comida comunitaria na área recreativa
Recogilla dos residuos e organización do percorrido de regreso en bicicleta.
Ficha
- Fecha 13 marzo, 2016
- Desde 10:00 AM
- Hasta 02:00 PM
- Localidad Pontevedra
- Categoría Día de las especies autóctonas
Localidad
Contacto
- Correo-e montespontevedra@mundo-r.com
- Página web http://montespontevedra.org/
- Teléfono 654 54 55 50