Mantenza dos pozos de Castieixas Claim

/ 5
Add to favorites Imprimir

Sobre ADEGA e o acordo de custodia:

O acordo foi suscrito en 2008 entre a propietaria da finca “Castieixas”, duns 15.000 m2 e ADEGA. Desde entón é obxeto de varias intervencións de mellora dos hábitats húmidos e das poboacións de anfibios, encadradas en diversas xornadas de voluntariado ambiental dentro do programa “Charcas con Vida” de ADEGA; que contou con apoio da obra social de Caixa Catalunya, a Fundación Biodiversidade e a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

A finca custodiada alberga prados “de dente e sega”, unha carballeira, así coma un conxunto de pozos y canles de rego en distintos estados de conservación.

Algunhas das actividades realizadas en pasadas intervencións consistiron na recollida de información sobre o uso destas construccións tradicionais, o seguimento da fauna ea flora que as habita, así como tarefas de restauración e mantemento dos pozos abandonados e a construción de novas charcas.

A xornada realizouse na finca as Castiexas para mellora de hábitas húmidos

O obxectivo?

A mellora do hábitat para os anfibios!

Número máximo de participantes: 11 persoas.

Horario: 10:30 a 18:30h.

Punto de encontro: Alto do Rodicio (Maceda, Ourense), as 10:30h

Crónica da xornada:

Nesta xornada traballamos no mantemento dos regos e na reparación das charcas construidas en anos anteriores, para recuperar o nível de auga e garantir un hábitat axeitado para os anfibios, de cara á vindeira época de reprodución. Descolmatamos as canles e reparamos as paredes das charcas, alteradas polo gando e o xabarín, para que o nível da auga sexa suficiente de cara á época de reprodución dos anfibios.
Asemade, fixemos tamén inventario da fauna e flora presentes malia á que a primavera demórase nestas altas paraxes do Macizo Central ourensá.
Na sesión de tarde desprazámonos a diversas charcas artificiais da Limia alta (unha explotación de arxila en Maceda) e da Limia baixa (explotacións de area na chaira da Antela, preto de Xinzo) nas que puidemos observar como a natureza vaise recuperando nestes espazos, que malia ás industias extractivas en aínda en funcionamento acubillan xa unha importante biodiversidade de aves, anfibios e odonatos, principalmente.

 

  • Fecha 24 abril, 2016
  • Desde 10:30 AM
  • Hasta 06:30 PM
  • Localidad Montederramo / Alto do Rodicio
  • Categoría Ayuda a conservar un espacio en custodia!