¡Vive a fraga! Conservando o bosque atlántico Claim

/ 5
Add to favorites Imprimir

Sobre Betula e o acordo de custodia:

A Asociación para a Conservación do Bosque Atlántico, Betula, naceu na primaveira do 2013 co obxectivo de custodiar terreos para a sua protección. Ben sexa mediante adquisición, cesión ou acordos cos propietarios. O seu ámbito de traballo son as comarcas de Ferrol e do Eume, onde se encontra o bosque atlántico máis meridional de Europa.

A actuación terá lugar na finca en propiedade, Filgueiras, incluída no espazo protexido Parque Natural das Fragas do Eume, en Monfero, A Coruña.

¡Acudimos as Fragas do Eume!

¿O obxectivo?

¡Realizar actuacións de restauración ecolóxica!

Número de participantes: 14 persoas.

Horario: de 10:00 a 14:00.

Punto de encuentro: 09:45 no Centro de Recepción de Visitantes do Parque Natural das Fragas do Eume. Estrada de Caaveiro. Pontedeume. A Coruña.

Crónica da xornada:

 

 

A actividade desenvolveuse como estaba prevista.

Recolleron as plantas nas instalacións do Parque, xa que as deixaran alí o día anterior para dispoñer de espacio nos vehículos. Fíxose a foto de familia, e dirixíronse á finca.

Había bo pronóstico meteorolóxico, malia que nese intre chuviscaba. A choiva foi desaparecendo axiña. Tendo en conta a beleza do Parque tamén se achegaron algúns familiares acompañando aos voluntarios, inda que non participaron na actividade. Redistribuíronse no menor número posible de vehículos para achegarse cas plantas e a ferramenta á finca da plantación, que distaba a uns 6 km.

Plantáronse 25 castaños e 25 carballos!

Sobre o terreo fixeron grupos de 3-4 persoas, distribuíronse as plantas e comezaron a plantación na zona baixa da finca; que foi escollida nunha inspección anterior por presentar menores dificultades orográficas e ofrecer máis claros susceptibles de repoboación.

Un dos grupos adicouse fundamentalmente á recollida de residuos, consistentes en diferentes tipos de plástico. Retirando duas bolsas con uns 4 kg. Algúns participantes encargáronse de realizar fotografías das diferentes fases da plantación.

As 12 do mediodía fixeron un descanso para repoñer líquidos e algún complemento alimentario. Remataron a plantación arredor das 13 h, procedendo a recoller todos os recipientes, ferramentas, bolsas de residuos, cambiar o calzado e a roupa de traballo. Regresaron ó Centro de acollida, fíxose unha valoración colectiva da actividade, resultando unánime a opinión favorable. Finalmente, retiráronse as 14 h.

  • Fecha 18 junio, 2016
  • Desde 10:00 AM
  • Hasta 02:00 PM
  • Localidad Pontedeume
  • Categoría Ayuda a conservar un espacio en custodia!